Misión Filipinas 2013

Misión Filipinas 2013

Filipinas é un arquipélago de illas constituído por 7.107 illas, entre as cales se atopa Bantayan, que será foco de actuación da nosa fundación. Pola súa localización, as illas sofren unha media de 20 tifóns no ano durante a estación chuviosa. O pasado 7 de novembro de 2013 atinxiu as illas o tifón Haiyan (tamén coñecido como Iolanda); azoutou a illa de Bantayan e causou mortes, deixou a illa arrasada ao seu paso. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), máis de 16 millóns de persoas sufriron as consecuencias deste fenómeno ao seu paso polas illas.

Despois do Haiyan, a situación de moitas familias empeorou, non xa porque perderan as vivendas, senón tamén polas deficientes condicións de salubridade nas que se ven obrigadas a vivir. En catástrofes deste tipo, a hixiene e mais o saneamento teñen unha importancia salientábel para a prevención de enfermidades infecciosas e transmisíbeis. Garantir medidas básicas de hixiene é perentorio para manter unha boa saúde comunitaria.

Despois do paso do supertifón, a Fundación SAMU, en colaboración coa Escola de Urxencias SAMU e outras organizacións, lanzou unha misión no norte da Illa de Cebú que permaneceu na zona máis de 5 meses, cun total de 27 médicos, enfermeiros e loxistas divididos en 5 continxentes. Durante a nosa estadía alí realizáronse múltiples misións sanitarias tanto nas bases temporais coma con equipos itinerantes; colaborouse con outras organizacións presentes na zona na repartición de alimentos e xestións loxísticas así como en accións de formación en materia sanitaria para a poboación da zona.

Ficha da misión

  • Nome da misión: Operación Filipinas 2013.
  • País:
  • Data de saída: 15 de novembro 2013.
  • Data de volta: 25 de abril 2014.
  • Poboacións asistidas: Panitugan, Atop-atop, Baigad, Biagayag, Baod, Biactos, Bunakan, Kabac, Doong, Hagdan, Hilotongan, Guiwanon, Kabangbang, Kampingganon, Kaongkod, Kodia, Mojon, Okoy, Patao, San Agustin, Sillon, Sungko, Suba, Sulangan, Tamiao, Tabagak, entre outras.
  • Número de continxentes: 5
  • Número de intervenientes SAMU: 27
  • Tipo de profesionais implicados: médicos, psiquiatra, enfermeiros, psicóloga, loxistas, enxeñeiro, técnico en urxencias.
  • Número de asistencias: 340
    • Asistencias en base: 1.079
    • Asistencias en itinerancia: 6.261