Dano Cerebral Sobrevido

Residencia Santa Ana

Santa Ana é un recurso de atención integral destinado a asistir en réxime de internado persoas que padecen dano cerebral sobrevido, grandes dependentes maiores de 16 anos cun grao de discapacidade tal que precisen axuda doutras persoas para realizaren as actividades da vida cotiá e non poidan ser asistidos no seu contorno familiar. Localizada na Comunidade Autónoma Andaluza, trátase dun dos recursos de atención psicosocial que compoñen o mapa de concertación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia de España, concertada coa Consellería de Igualdade e Políticas Sociais da Junta de Andalucía.

Santa Ana ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida dos seus residentes, mediante unha atención integral e individualizada, cun equipo de profesionais cualificados que cobren os eidos social, sanitario e mais educativo.

O centro inclúe unhas instalacións situadas nun contorno metropolitano inmellorábel: proporciona un espazo físico que garante a protección e seguranza dos residentes, cubrindo as necesidades básicas de aloxamento, manutención e asistencia nas actividades básicas e instrumentais da vida cotiá.

Os residentes fan actividades psicoeducativas adaptadas aos seus gustos e preferencias, rehabilitación física e cognitiva, amais de participaren en innumerábeis saídas de lecer que lles confiren autonomía persoal e favorecen a inclusión no contorno.

C/ Flota, 7-9 (Triana)
41010 Sevilla
954 34 74 63608 22 53 08
goo.gl/maps/MWDRFLbyqXA2

Residencia Santa Ana
Residencia Santa Ana