Coñécenos

Samu é unha entidade fundada no 1981 polo Dr. D. Carlos Álvarez Leiva, e comeza a súa andaina coma empresa que realizaba dispositivos de cobertura médica, e poucos anos despois con ambulancias medicalizadas (UVI-móbiles). De feito, Samu é o máis antigo dos servizos de urxencias de España, porque foi a primeira empresa que importou e traballou cunha UVI-móbil no noso país.

Durante as dúas décadas seguintes, Samu consolidouse aos poucos coma unha organización líder nos servizos médicos de urxencia e coma Escola de Urxencias. Dende os anos oitenta, formamos centos de persoas do eido profesional sanitario.

A partir de 2005, Samu espallou a súa actividade cara ao eido da acción social; produciuse unha eclosión de servizos para a atención de colectivos vulnerábeis nos sectores da terceira idade, menores inmigrantes, discapacidade intelectual e trastornos da conduta, dano cerebral, menores en protección e saúde mental, ofrecendo servizos de unidade de día, residencias, pisos tutelados, unidades de acollida temporal de urxencia e por último, servizo de apoio e asistencia escolar a alumnado con necesidades educativas de apoio específico.

D. Carlos Álvarez Leiva, fundador de SAMU