Misión Calais 2015

Coa abertura do Eurotúnel no 1994, cara ao 1999 comezaran a xurdir asentamentos de inmigrantes na cidade de Calais, extremo francés do túnel, coa intención de cruzaren A Mancha, entraren ao Reino Unido e solicitaren asilo político. De distintas nacións, motivados pola consecución dunha mellor vida ou a fuxir dun país inmerso nun conflito armado, presenciouse un crecemento exponencial da poboación migrante co paso dos anos.

A causa da Guerra de Siria, durante o 2015 aumentou drásticamente a presenza de migrantes e refuxiados en Calais; iso motivou o Concello a situalos no que era un vertedoiro en desuso de aproximadamente 14 ha, con acceso limitado ao uso de augas residuais, auga de consumo humano e utilización de lixo, entre outros. Arestora ten unha poboación aproximada de 6.000 persoas, aínda que a chegada de novos desprazados é continua.

Para atender esta urxencia social, Fundación SAMU, Bridge 2, e mais a Escola de Urxencias SAMU, realizaron unha misión puntual de urxencia, coa colaboración da Fundación la Caixa e Menarini Responsable. O equipo SAMU estaba composto por un mando na zona ao cargo de Borja González de Escalada Álvarez; dous médicos, Blanca Micheo McPherson e Óscar Hugo Martín del Barco; dous enfermeiros: Ignacio Guerrero Rodríguez e Andrés Rodríguez Holst, e mais a periodista Cristina Díaz Aguilar.

O noso equipo, con dous vehículos, reuníronse en Calais cos voluntarios de Bridge 2 e realizaron múltiples actuacións, tanto sanitarias (en Calais, París e Dunkerque) coma loxísticas (construcción dun comedor, repartición de roupa e vitualla, etc.).

Ficha da misión

  • Nome misión: Calais 2015
  • Entidades colaboradoras: Bridge2, La Caixa e Menarini
  • País: Francia
  • Data de saída: 8-nov.-2015
  • Data de volta: 18-nov.-2015
  • Poboacións atendidas: refuxiados sirios, afgáns, iranianos, iraquís e kurdos maioritariamente, entre outros.
  • Número de continxentes: 1
  • Número de intervenientes SAMU: 6
  • Número de intervenientes BRIDGE: 15
  • Total de intervenientes: 21
  • Número de asistencias: 474
    • Asistencias en base: 361
    • Asistencias en itinerancia: 113