SAMU Idilio

SAMU Idilio é unha iniciativa que xera propostas e compromisos, enriquecendo a área socio- asistencial da Fundación SAMU mediante a organización de actividades e proxectos atractivos e dinámicos, acadando unha trascendencia dende o eido local ao provincial, autonómico e mesmo nacional.

Abórdanse diversas áreas sociais, tales coma a cultura, o deporte, a cooperación, o lecer, etc., baixo os principios de igualdade, solidariedade e inclusión dos colectivos máis vulnerábeis.

As actuacións de SAMU Idilio introdúcense de xeito transversal en toda a Fundación SAMU, creando alianzas con recursos externos e consolidando os vencellos xa existentes con outras institucións e actores sociais.

As actividades principais de SAMU Idilio son:

  • Carreira popular inclusiva “ALJARAFE INTEGRA”.
  • Xornadas científicas, congresos sobre discapacidade e deporte.
  • Programa DISFRUTAMAR. Actividades náuticas inclusivas.
  • Compañía de Teatro “IDILIO ESCÉNICO”.
  • Proxecto “4 ESTACIÓNS pola integración”.
  • “SAMU Idilio, o boneco mensaxeiro, 3.0”.
  • Xornadas deportivas inclusivas.