Política de rastros

Un rastro (cookie) é un pequeno ficheiro de texto que se almacena no teu navegador cando visitas case que calquera páxina web. A súa utilidade fai que a web recorde a túa visita cando volvas a navegar por esa páxina. Os rastros adoitan almacenar información de carácter técnico, preferencias personais, personalización de contidos, estatísticas de uso, ligazóns a redes sociais, acceso a contas de usuario, etc. O obxectivo do rastro é adaptar o contido da web ao seu perfil e necesidades; sen rastros, os servizos ofrecidos por calquera páxina reduciríanse significativamente. Se desexas consultar máis información sobre o que son os rastros (cookies), o que almacenan, como eliminalos, desactivalos, etc., por favor, vai a esta ligazón.

Rastros utilizados neste sitio web

Seguindo as directrices da Axencia Española de Protección de Datos procedemos a detallar o uso de rastros que fai esta web co fin de te informar coa máxima exactitude posíbel.

Este sitio web utiliza estes rastros propios:

  • Rastros de sesión, para garantir que os usuarios que escriban comentarios na bitácora sexan humanos e non aplicacións automatizadas. Deste xeito loitamos contra o spam.

Este sitio web utiliza estes rastros de terceiros:

  • Google Analytics: amorea rastros para poder elaborar estatísticas sobre o tráfico e volume de visitas desta web. Ao utilizares este sitio web consentes o tratamento da túa información por Google. Polo tanto, o exercicio de calquera dereito neste sentido debes facelo comunicando directamente con Google.
  • Redes sociais: cada rede social utiliza os seus rastros para que poidas premer os botóns do tipo Gústame ou Comparte.

Desactivación ou eliminación de rastros

En calquera momento poderás exercer o dereito de desactivación ou eliminación de rastros deste sitio web. Estas accións fanse de xeito diferente dependendo do navegador que esteas a usar. Aquí deixámosche unha guía rápida para os navegadores máis populares.

Apuntamentos adicionais

  • Nin esta web nin os seus representantes legais son responsábeis nin do contido nin da veracidade das políticas de privacidade que poidan ter os terceiros mencionados nesta política de rastros.
  • Os navegadores web son as ferramentas encargadas de almacenar os rastros, e dende este lugar podes efectuar o teu dereito a eliminalos ou desactivalos. Nin esta web nin os seus representantes legais poden garantir a correcta ou incorrecta manipulación dos rastros por parte destes navegadores.
  • Nalgúns casos cómpre instalar rastros para que o navegador non esqueza a túa decisión de non aceptalos.
  • No caso dos rastros de Google Analytics, esta empresa amorea os rastros en servidores de Estados Unidos e comprométese a non compartillalos con terceiros, agás nos casos nos que sexa necesario para o funcionamento do sistema ou cando a lei obrigue a tal efecto. Segundo Google, non garda o teu enderezo IP. Google Inc. é unha compañía subscrita ao Acordo de Porto Seguro que garante que todos os datos transferidos se tratarán cun nivel de protección consoante á normativa europea. Podes consultar información detallada a este respecto nesta ligazón. Se desexas información sobre o uso que Google dá aos rastros achegámosche esta outra ligazón.
  • Para calquera dúbida ou consulta sobre esta política de rastros, comunícate connosco mediante a sección de contacto.