Política de privacidade

Neste sitio web non se recadan os datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu consentimento, e non se ceden a terceiros.

SAMU non utiliza rastros para recoller información dos usuarios, nin rexistra os enderezos IP de acceso. Unicamente se utilizan rastros propios, de sesión, con finalidade técnica (aqueles que permiten ao usuario navegar polo sitio web e a utilización das diferentes opcións e servizos que nel hai).

O portal do cal é titular SAMU contén ligazóns a sitios web de terceiros, as políticas de privacidade dos cales son alleas á de SAMU. Ao acceder a estes sitios web podes decidir se aceptas as súas políticas de privacidade e de rastros. Con carácter xeral, se navegas pola internet, podes aceptar ou rexeitar os rastros de terceiros dende as opcións de configuración do teu navegador.

Información básica sobre protección de datos

Seguidamente, informámoste sobre a política de protección de datos de SAMU.

Responsábel do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puideran recadar directamente do interesado serán tratados de xeito confidencial e incorporaranse á correspondente actividade de tratamento de titularidade do Servizo de Asistencia Médica de Urxencias, SA (SAMU), con enderezo social na Av. Américo Vespucio. Edif. Cartuja, blq. E. Local 7, 41092, Sevilla. CIF: A-41461781. Teléfono: +34954461133.

A relación actualizada das actividades de tratamento que SAMU leva a cabo atópase dispoñíbel neste rexistro de actividades de SAMU.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza SAMU e que son accesíbeis no rexistro de actividades de tratamento.

Lexitimación

O tratamento dos teus datos realízase para o cumprimento dos servizos que solicitas mediante a nosa web, sanitarios, socio-sanitarios e de formación, por parte de SAMU, así como cando a finalidade do tratamento requira o teu consentimento, que terás que dar mediante unha clara acción afirmativa.

Pódese consultar a base legal para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo SAMU nesta ligazón co rexistro de actividades.

Conservación de datos

Os datos personais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a cal se recadan e para determinar as posíbeis responsabilidades que se puideran derivar da finalidade, amais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Comunicación de datos

De xeito xeral non se comunicarán os datos personais a terceiros, agás obriga legal.

Podes consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo SAMU neste rexistro de actividades.

Dereitos dos interesados

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que realiza SAMU.

Pode exercer os seus dereitos de acceso, emenda, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, perante SAMU, con enderezo social na Av. Américo Vespucio. Edif. Cartuja, blq. E. Local 7, 41092, Sevilla, ou no enderezo de correo electrónico lopd@samu.es.

Se non estás conforme coa maneira de atendermos os teus dereitos, podes presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es).

Aprobación da política de privacidade

A política de privacidade será revisada e actualizada periodicamente dependendo das modificacións que se produzan na lexislación ou no tratamento dos datos por parte de SAMU. A política de privacidade exposta revisouse e actualizouse na data de 01.03.2019.