Misión Katmandú

Misión Katmandú

Dende a Fundación SAMU traballamos para darmos resposta aos incidentes que nos arrodean. Unha vez máis, despois do grave terremoto de Nepal, a Fundación SAMU enviou un grupo de profesionais e alumnos da súa escola para atender a poboación afectada.

Esta intervención foi posíbel grazas á colaboración de Obra Social La Caixa, Rotary Internacional, Menarini Responsable, Universidade de Sevilla, Instituto Municipal de Deportes de Sevilla, Colexio Rural Agrupado El Carracillo de Segovia, do mesmo xeito ca infinidade de persoas que a título individual nos achegaran recursos para podermos atender a pobolación nepalí.

Xa na zona, o equipo da Fundación SAMU xuntouse con voluntarios da organización Bridge 2 Nepal, especializados na repartición de comida, paquetes de hixiene e primeiros auxilios. Esta colaboración reforzou as capacidades de ambas as dúas institucións para maior eficiencia desta misión.

Os fondos recadados nesta campaña destináranse, mesmo tras o regreso do noso equipo, a contribuír na reconstrución do orfanato “Dada Gaum Children Home” en Katmandú.

Ficha da misión

  • Nome: Operación Katmandú
  • Entidades colaboradoras:
    • Bridge 2 Nepal
    • Obra Social La Caixa
    • Rotary Internacional
    • Menarini Responsable
    • Universidade de Sevilla
    • Instituto Municipal de Deportes de Sevilla
    • Colexio Rural Agrupado El Carracillo de Segovia
  • País: Nepal
  • Data de saída: 10 de maio 2015
  • Data de volta: 11 de xuño 2015
  • Poboacións asistidas:
    • 13 poboacións
    • 3 orfanatos
  • Número de continxentes: 1
  • Número de intervenientes SAMU: 6 persoas
    • 1 xefe de misión
    • 2 médicos
    • 3 enfermeiros
  • Total de intervenientes: 11 persoas
    • 1 xefe de misión
    • 3 médicos
    • 3 enfermeiros
    • 2 especialistas en xestión humanitaria
    • 1 arquitecto
    • 1 loxista
  • Número de asistencias: 748 persoas
    • Asistencias en base: 474 persoas
    • Asistencias en itinerancia: 1.274 persoas