UED San Lucas
Dende o ano 2008, SAMU contribúe na atención das persoas con discapacidade intelectual coa abertura do seu primeiro centro, a Unidade de Estancia Diúrna San Lucas, situada na Comunidade Autónoma Andaluza, convertida nun dos recursos de atención psicosocial que forman parte do mapa de concertación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia de España, concertada coa Consellería de Igualdade e Políticas Sociais da Junta de Andalucía.
A Unidade San Lucas pretende, en primeiro lugar, a diminución ata a eliminación dos trastornos condutuais dos seus usuarios mediante un tratamento especializado, personalizado e integral, tanto para os usuarios coma familiares. Para iso inclúe un equipo interdisciplinar para a abordaxe bio-psicosocial que persegue:
- A mellora da calidade de vida dos usuarios e mais as súas familias.
- Aumentar e mellorar as habilidades de autonomía persoal e social dos usuarios.
- Favorecer unha satisfacción persoal meirande dos usuarios e os seus familiares.
- Fomentar as relacións sociais entre os usuarios, entre os usuarios e as súas familias e mais entre os usuarios e a comunidade.
O centro ten unhas instalacións que proporcionan un espazo físico que garante a protección e seguranza dos usuarios, cubrindo as necesidades básicas de aloxamento, manutención e asistencia nas actividades básicas e instrumentais da vida cotiá, amais do desenvolvemento dunha grande variedade de actividades organizadas en obradoiros específicos, atendendo os gustos dos usuarios. Estes obradoiros e actividades vense complementados con multitude de saídas guiadas de interese artístico-monumental, saídas a acontecementos e xuntanzas con outras organizacións de carácter análogo, sen esquecer as incontábeis saídas lúdicas e de lecer para diferentes lugares.
Urb. Xardíns de Hércules, c/ Zeus, núm. 1 M-4
41014 Bellavista-Sevilla
954 69 39 25
goo.gl/maps/QhgUZ4hVp1m
Residencia San Sebastián
Inaugurada no ano 2010, San Sebastián tornouse un dos centros residenciais de referencia na atención ás persoas con discapacidade intelectual e trastornos condutuais da provincia de Sevilla, e configurouse como un dos recursos de atención psicosocial que compoñen o mapa de concertación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia de España, concertada coa Consellería de Igualdade e Políticas Sociais da Junta de Andalucía.
A Residencia San Sebastián ofrece unha atención integral e profesionalizada; pretende diminuír ata eliminar os trastornos condutuais dos seus residentes, para despois derivalos a outros recursos de atención, todo iso mediante un tratamento especializado e personalizado cunha abordaxe bio-psico-social que persegue:
- A mellora na calidade de vida dos residentes e mais os seus principais coidadores.
- Aumentar e mellorar as habilidades de autonomía persoal e social.
- Favorecer a satisfacción persoal.
- Fomentar relacións sociais axeitadas nun contorno normalizado.
O centro, amais de ofrecer un espazo físico que garanta a seguranza dos residentes, ten programas de actividades socio-educativas e de lecer que cobren a globalidade dos intereses e necesidades das persoas assistidas.
Av. de la Mujer Mantonera, núm. 2
41320 Cantillana (Sevilla)
955 73 28 98 – 620 0 983 66
goo.gl/maps/Pqb4H1pr4J52
Residencia Santa Teresa
Santa Teresa é un centro residencial concedido pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e Maiores da Junta de Comunidades de Castela A Mancha dende o ano 2015, que ofrece un servizo integral ás persoas con discapacidade intelectual de liviá a moderada. Por estar situado nunha localidade pequena, as relacións coa comunidade son máis próximas e doadas, e a posibilidade de manter interaccións significativas é meirande ca noutros contornos máis complexos.
O principal obxectivo da Residencia Santa Teresa é mellorar a calidade de vida de xeito significativo de todas as persoas que residen no centro. Para iso, inclúe un equipo humano imprescindíbel para asegurar o apoio en todas as áreas da vida: benestar emocional, relacións interpersonais, benestar material, desenvolvemento persoal, benestar físico, autodeterminación, inclusión social e dereitos. Amais, Santa Teresa dispón dunhas instalacións e mais do equipamento técnico axeitado para atender as necesidades requiridas polas persoas que residen, onde se garante o seu desprazamento de xeito autónomo.
Especificamente Santa Teresa persegue:
- Aumentar as oportunidades para o seu crecemento persoal e satisfacción con ela mesma e mais o seu contorno.
- Promover a autonomía persoal en todos os eidos da vida cotiá, mellorar a súa autoestima e o seu autoconcepto, dotalos de ferramentas eficaces para a interacción social e mais a comunicación.
- Adaptar as intervencións ás necesidades de apoio dos residentes.
- Promover, motivar e facilitar as interaccións sociais das persoas que residen no centro, aumentando a súa participación e inclusión na comunidade.
- Motivar e facilitar a participación das familias na toma de decisións relevantes na vida dos seus achegados.
- Sensibilizar, transformar e ser impulsores do cambio de paradigma no noso contorno, desenvolvendo programas destinados á comunidade.
C/ Constitución, núm. 1
45730 Villafranca de los Caballeros (Toledo)
926 57 80 03 – 609 67 57 79
goo.gl/maps/gyYUMvaEipM2
Centro Alfar
SAMU mantén o seu compromiso coa Dirección Xeral de Servizo de Maiores e Discapacidade, dependente da Consellería de Benestar Social e Vivenda do Principado de Asturias, xestionando o recurso do aloxamento tutelado para persoas con discapacidade intelectual “El Alfar”.
Este centro xestiónase baixo a firme convicción de que, para que unha persoa poida vivir con autonomía abonda no medio comunitario, necesita desenvolver unha serie de hábitos básicos de utilidade na práctica da vida cotiá coma son: o coidado dela mesma, da súa presenza física e da súa saúde, a utilización do transporte público e outras xestións instrumentais elementais.
O obxectivo principal do aloxamento “El Alfar” é intervir activamente e educativamente en todos os eidos do desenvolvemento individual dos usuarios, guiándoos para potenciar actitudes e habilidades, mellorando así a súa calidade de vida e aumentando, dentro das súas posibilidades, a maior autonomía e independencia e mais unha integración social normalizada.
Para iso, SAMU ten un aloxamento urbano, inserto nunha comunidade normalizada e activa, coa asistencia dun equipo humano que traballa no adestramento das actividades da vida cotiá, realizando unha actividade ocupacional, formativa ou laboral de xeito regular. Respectando unhas normas básicas, os usuarios teñen autonomía para se organizar o seu lecer, aínda que se procura programar actividades de lecer periódicas.
C/ Senda del Arcediano, núm. 4, 3º H e 1º H
33212 Xixón
629 79 15 42
goo.gl/maps/pV31K54aw9R2